Baixadas xeralizadas en gando de recría en Amio e subas en vacún maior

A Mesa de Prezos do gando de abasto, que acorda os valores de referencia en gando de recría, becerros para sacrificio e vacún maior, acordou hoxe en Amio baixadas xeralizadas en gando de recría. En becerros para sacrificio tamén houbo baixadas, en tanto en vacún maior repuntan as cotizacións. Na outra Mesa de Prezos que se celebra no mercado, a da IXP Ternera Gallega, non houbo variacións esta semana.

No tocante ós prezos do gando de recría, as baixadas son as seguintes:

– 5 euros os machos frisóns descostrados (calidade regular) e as femias cruzadas lactantes (calidade boa).

– 10 euros as calidades boa e regular das femias descostradas de cruzada (calidades boas e regular) e das lactantes da mesma raza en calidade regular.

– 15 euros a calidade extra das femias descostradas e lactantes de frisona, así como a regular dos machos lactantes desta raza.

– 25 euros a calidade regular das femias descostradas e lactantes de Rubia Galega, así como a calidade boa das lactantes de frisona.

– 30 euros a calidade inferior das femias lactantes de Rubia Galega.

En canto ó vacún mediano para sacrificar, en xeral tenden á baixa os prezos no intervalo de pesos de 181 a 220 quilos. Rexístrase unha baixada de 5 céntimos nas clases U e R. O vacún maior de abasto, en cambio, sobe 5 céntimos nas canais R, O e P.

A asistencia de gando ó mercado de hoxe foi de 2.077 reses (334 menos que a pasada semana). Houbo 1.610 cabezas de vacún menor (366 menos), 225 de vacún mediano (18 máis) e 222 de vacún grande (15 máis).

Máis información
Táboa informativa da Mesa de Prezos de Amio (23-I-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información