Baixadas nos prezos de becerros carniceiros en Silleda

A celebración da Semana Verde obriga a cancelar a Lonxa do martes 31, en tanto a seguinte, a do martes 7 de xuño, será só de becerros de recría

Baixadas nos prezos de becerros carniceiros en Silleda

Imaxe da Lonxa. / Arquivo.

A Lonxa de Silleda rexistrou esta semana unha baixada nos prezos medios acadados polos becerros carniceiros e, en menor medida, polo vacún maior, según se desprende dos datos que facilita a organización.

En becerros carniceiros, cun total de 101 exemplares a subasta e 86 adxudicados, o prezo medio dos exemplares de cruce foi de 953 euros -88 euros menos que a pasada semana-, en tanto que os de rubia galega cotizaron a 1.019 euros -55 menos que a pasada semana-. En canto ós exemplares marcados en Ternera Gallega Suprema, a media de prezo foi de 962 euros, polos 1.101 da sesión anterior.

En vacún maior, a máxima categoría (E-U) mantén prezos, cunha media de 1.953 euros por exemplar (2 euros máis que na anterior sesión), se ben nas canais 1º (R) e 2º (O) houbo leves baixadas de entre 15 e 30 euros de media por animal.

Nos becerros de recría, os prezos medios mantivéronse en conxunto similares á pasada semana, cunha leve baixada. Por categorías, en frisóns, os machos de 21 a 50 días, a categoría máis abundante, repuntou lixeiramente, chegando a unha media de 156 euros (polos 141 da anterior sesión); se ben en cruces, a mesma categoría de machos de 21 a 50 días baixou lixeiramente os prezos, con 312 euros de media, polos 334 da semana pasada.

gando silleda

Cambios pola Semana Verde
A próxima celebración da feira Semana Verde (2-5 de xuño) obrigará a cancelar a última Lonxa do mes de maio, que se tería que celebrar o martes 31. A seguinte feira, do 7 de xuño, contará ademais só con becerros de recría e o resto do gando non poderá concurrir ata a seguinte sesión, o 14 de xuño.

Mesas de Precios
As cotizacións das Mesas de Prezos de Silleda experimentaron cambios nos leitóns, que volven baixar, esta vez 3 euros. Tamén baixa o porcino de desvelle. No resto de cotizacións de porcino, sector avícola e coellos, non houbo cambios.

mesa prezos silleda

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información