Baixadas nas cotizacións da manteiga e do leite en pó nos mercados

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as últimas cotizacións dos produtos lácteos así como do leite en orixe, destacando a baixada do leite en po e da manteiga, mentres que o queixo segue á alza. A baixada da manteiga, que aínda así mantense en máximos históricos, era esperable para adecuarse ás cotizacións de Estados Unidos ou Nova Zelandia.

En concreto, as cotizacións dos produtos lácteos na última semana de outubro na Unión Europea quedan do seguinte xeito:

-Manteiga: 771 €/100 kg, -1,1 % nas últimas catro semanas.

-Leite desnatado en po (SMP) 249 €/100 kg, -1,5 % ,,

-Leite enteiro en po (WMP): 418 €/100 kg, -0,3 % ,,

-Queixo cheddar: 416 € /100 kg +1,2% nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia quedou esta semana nos 0,653 euros o litro, o mesmo que a semana pasada.

Captura de pantalla 2024-10-31 094109Situación internacional

A tendencia á baixada de prezos é xeneralizada tamén en Estados Unidos e en Nova Zelandia, aínda que con matices segundo os países:

Captura de pantalla 2024-10-31 094131

Polo que respecta á produción, de xaneiro a agosto as entregas de leite subiron un 0,5% na Unión Europea, pero un 7,6% en Nova Zelandia, o principal exportador mundial de leite en po enteiro. En Estados Unidos, pola contra, a produción de leite caeu un 0,4% nos oito primeiros meses do ano.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información