Baixadas na recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra reducións dos prezos dos becerros de recría. Tamén houbo baixadas nos cruces industriais dos tenreiros carniceiros. Baixa o porco cebado e soben os leitóns

Baixadas na recría en Silleda

Gando nunha sesión da Central Agropecuaria de Galicia. // Arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia–Abanca experimentou este martes baixadas dos prezos tanto na recría como nos becerros carniceiros. As reducións afectaron en especial as categorías que contabilizaron maior afluencia de gando. Na mesa de negociación do porcino acordáronse novas baixadas para o porco cebado, mentres que os leitóns incrementan o seu valor. O ovo mantívose sen cambios.

Os becerros de recría frisóns acusaron descontos en boa parte das seccións. Os animais de menos de 20 días experimentaron unha baixada de 11 euros e quedan nun valor medio de 77 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a categorías máis representativa e numerosa, a redución foi de 6 euros e cotizáronse a 101 euros. As 3 femias desta sección que se adxudicaron fixaron un prezo medio de 20 euros. Os becerros de máis de 50 días foron a excepción, cun incremento de 2 euros, sitúanse en 120 euros.

Nos cruces industriais, os animais de entre 20 e 50 días, a sección cunha maior afluencia de gando adxudicado, experimentou unha caída do prezo en 22 euros, ata os 253 euros. Foi a única baixada rexistrada para esta raza. Así, os animais de menos de 20 euros sumaron 34 euros con respecto da feira pasada e acadan os 224 euros. As femias desa categoría incrementaron o seu valor en 16 euros e quedan en 160 euros. Nos becerros de máis de 50 días, a suba foi de 68 euros, co que acadan un valor de 449 euros. As femias desta categoría suman 14 euros e sitúanse en 250 euros.

A mesma tendencia se amosou no caso dos becerros carniceiros. Nos animais frisóns o prezo situouse nos 457 euros, tras un incremento de 60 euros. Porén, nos exemplares de cruces industrias, que son a categoría máis numerosa, houbo unha baixada de 22 euros, polo que se cotizan a 764 euros. As femias desta raza suman 57 euros e acadan os 764 euros. Nos animais de Rubia Galega, os machos acadaron os 945 euros, logo dunha suba de 51 euros, e as femias experimentaron unha importante suba de 103 euros, polo que se cotizan a 868 euros. Os exemplares co selo Ternera Gallega Suprema cotizáronse a 888 euros, 43 euros por debaixo do acadado na feira pasada.

No vacún maior, as vacas de primeira suman 10 euros e sitúanse nun valor medio de 1.055 euros. Os animais de segunda descontaron 21 euros e quedan cun prezo medio de 687 euros. No caso das vacas de desvelle o incremento foi de 6 euros e acadan un valor de 438 euros.

Central-Agrop-Galicia-Vacuno-17_11_2020

Baixada no porco cebado e subas dos leitóns

A mesa de negociacións do porco cebado acordou este martes unha nova baixada dos prezos do porco cebado, que afectan a boa parte das categorías. Mentres, os leitóns continúan á alza.

No porco cebado selecto e normal a redución foi de 0,040 euros, de tal xeito que quedan cun valor de 1,225 e 1,2 euros respectivamente. Nos porcos de Canal II descontáronse 0,052 euros e pasan a cotizarse a 1,558 euros. Pola súa banda, os animais de desvelle mantéñense sen cambios e atópanse entre os 0,47 e 0,53 euros.

Os leitóns rexistraron unha suba de 2 euros, polo que os animais procedentes dunha única gandería acadan os 41 euros, situándose a 2,05 euros por quilo. Nos exemplares procedentes de varias granxas, o prezo por quilo é de 1,8 euros e por animal acada os 36 euros.

No mercado do ovo esta semana mantivéronse os prezos sen cambios. Os ovos da clase XL cotízanse a 1,50 euros a ducia, os da L están a 1,10 euros, os da M sitúanse en 0,96 euros e os da clase S quedan nos 0,78 euros. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, atópanse entre os 0,08 e os 0,15 euros por quilo.

Na lonxa de Madrid, o coello mantense a 2,25 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-Galicia-17_11_2020-Porcino-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información