Baixada xeralizada en Silleda, agás nas vacas para matadoiro e nos xatos cruzados de recría

Os xatos pasteiros son os que máis están a sufrir a caída de prezos nas últimas semanas, cos becerros carniceiros notando tamén de cheo as consecuencias da parálise do mercado de exportación a Marrocos

Ás portas do verán, o gando vacún segue a corrixir prezos á baixa como consecuencia da parálise das exportacións ao mercado marroquí. Na sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda, arrastrada pola situación do resto de lonxas de referencia en España (Lleida, Salamanca e Binéfar), a baixada foi a tónica máis destacada na maioría das categorías.

Tan só se salva o vacún maior, coas vacas cebadas para matadoiro mantendo prezos elevados, e os becerros cruzados de recría de razas como azúl belga ou angus, mentras que do outro lado da balanza os xatos pasteiros de raza limusín ou rubia galega son os que máis están a sufrir a perda de valor. 

Na recría, os xatos frisóns sufriron unha caída de 15 euros nos máis pequenos, de 30 nos medianos e de 10 euros nos de máis de 50 días. Pola contra, deuse unha lixeira revalorización dos becerros cruzados con aptitude cárnica, que gañaron 15 euros na categoría intermedia, a partir das tres semanas de vida, e 50 euros nos de máis de 50 días. 

Silleda 30-6-26 recriaNo que respecta aos xatos pasteiros, continúa a baixada de prezo das últimas semanas na categorías de cruzamento industrial, a máis abondosa, cunha caída de 50 euros en animal para cotizar a 1.141 euros de media no caso dos machos. O descenso foi moito máis acusado nas femias, que se sitúan xa no entorno dos 800 euros. Unha tendencia de prezos semellante é a que manifestan os animais de raza rubia galega, con prezos equiparables aos dos animais cruzados.  

Silleda 30-6-26 pasteirosOs becerros carniceiros para matadoiro tamén perderon valor, cunha caída de 30 euros nos frisóns e nos animais de cruzamento industrial e de 100 euros nos de raza rubia galega. 

Silleda 30-6-26 becerros carniceirosTan só se salvou na sesión deste martes en Silleda umha vez máis o vacún maior, que segue a aguantar os prezos altos, con medias por enriba dos 2.650 euros no caso das vacas de categoría Extra, a máis numerosa, e de 1.375 euros no caso das de Primeira. 

Silleda 30-6-26 vacun maiorNo que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, repetiuse o resultado da semana pasada, con mantemento das cotizacións sen cambios no porcino cebado, ovos, coellos e galiñas e un novo descenso de 3 euros en animal nos bacoriños, tanto os procedentes dunha única granxa, que se pagan a 40 euros, como os que veñen de varias explotacións, que se sitúan nos 35. 

Silleda 30-6-26 mesas de prezosDescarga as cotizacións completas desta sesión neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información