Baixada do vacún maior en Amio e sen cambios nas cotizacións de Ternera Gallega

Na xornada deste mércores, 4 de febreiro, no Mercado Nacional de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por unanimidade manter por segunda semana consecutiva os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desa carne.

A inmobilidade nos prezos foi a tónica no resto de categorías do gando que asistiu nesta sesión ao Mercado Nacional. A excepción constituína o vacún maior no que se rexistrou unha baixada de 0,05 € no prezo das canais, a mesma baixada que a semana pasada.

Na sesión deste mércores, a asistencia total foi de 1.276 reses, 61 menos que na do pasado 28 de xaneiro. Por categorías, houbo 1.138 cabezas de vacún menor (27 menos que na sesión anterior); 30 de vacún mediano (28 menos) e 108 de vacún grande (6 reses menos que na anterior xornada).

Captura de pantalla 2026-02-04 122124 Captura de pantalla 2026-02-04 122011 Captura de pantalla 2026-02-04 122037 Captura de pantalla 2026-02-04 122051

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información