Baixada do vacún maior e dos becerros carniceiros en Silleda

A maior afluenza de animais na sesión deste martes, debido a que a semana que vén non hai mercado, acentuou a caída de prezos

Sesión á baixa a deste martes en Silleda, que afectou sobre todo ás vacas de categoría Extra e aos becerros carniceiros. Máis aló do vacún, na mesa de prezos do porcino tamén seguen a caer os bacoriños, baixando nesta semana outros 5 euros cada leitón. 

Na recría de vacún, a sesión foi dispar en función do peso e conformación dos lotes, con tendencia á baixa nos becerros de máis idade e unha revalorización dos máis pequenos, que gañaron uns 30 euros, tanto nos animais de cruzamento industrial coma nos xatos de raza frisoa. 

Silleda 19_05_2026 recriaNos xatos pasteiros de cruzamento industrial caeron lixeiramente os machos e subiron as femias, mentras que na raza rubia galega foi á inversa. 

Silleda 19_05_2026 pasteirosOs becerros carniceiros cotizaron á baixa en todas as categorías, motivado pola maior afluencia de animais, debido a que a vindeira semana non se celebra mercado de gando en Silleda por mor da Semana Verde. O descenso máis acusado correspondeu ás femias de cruzamento industrial, que perderon 130 euros de media, mentres que os machos baixaron uns 50 euros. No caso dos animais de raza rubia galega procedentes de cebadeiros, mantiveron prezos, mentres que os xatos marcados co selo de Ternera Gallega Suprema perderon máis de 100 euros. 

Silleda 19_05_2026 becerros carniceirosNo vacún maior deuse unha forte caída nas vacas de categoría Extra, que perderon de media 300 euros e volveron aos niveis dos 2.500 euros, tras acumular importantes revalorizacións nas últimas sesións. As de categoría Primeira e as vacas de Segunda non notaron a baixada e mantiveron os prezos nos 1.400 e 900 euros respectivamente. 

Silleda 19_05_2026 vacun maiorNo que respecta ás Mesas de Prezos do resto de especies de gando, deuse unha nova baixada no porcino, tanto nos leitóns, que baixaron outros 5 euros en animal, coma nos animais de desvelle. As galiñas tamén baixaron, mentras que os ovos e os coellos mantiveron as cotizacións da semana pasada. 

Silleda 19_05_2026 mesas de prezosDescarga as cotizacións completas desta sesión neste enlace

subasta semana verde 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información