Baixada do prezo en Ternera Gallega Suprema

Baixada do prezo en Ternera Gallega Suprema

A mesa de prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha baixada de 0,03 euros para todas as categorías da calidade Suprema.

Mentres, no Mercado de gando de Amio os prezos mantéñense esta semana sen cambios. Como se extrae da sondaxe realizada pola organización entre os asistentes á sesión, apréciase moita lentitude na comercialización do vacún mediano.

En canto á asistencia houbo 1.448 reses, o que supón 157 menos que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.201 cabezas de vacún menor, 125 menos que na sesión anterior. Houbo 81 de vacún mediano (19 menos) e 166 de vacún grande (13 reses menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (22-III- 2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información