Este martes celebráronse as Mesas de Prezos da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. De acordo á resolución tomada pola Consellería do Medio Rural de suspender feiras, concursos e certames para protexer á cabana gandeira fronte á dermatose nodular contaxiosa (que entrou en vigor onte e se estende ata o 16 de novembro), hoxe non se celebraron as poxas de vacún no mercado.
No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, continúa a caída en picado dos últimos meses do porcino, que unha semana máis afectou aos animais cebados, librándose nesta ocasión os bacoriños, que mantiveron as cotizacións da semana anterior.
No lado oposto da balanza seguen os ovos, con subas de 10 céntimos en todas as categorías esta semana. O bo momento do sector avícola trasládase tamén ao prezo das galiñas de desvelle, que subiron nesta sesión 1 céntimo en quilo, tra los dous céntimos gañados a semana pasada.

Galego









Control OJD