No Mercado de Amio houbo unha baixada de 20 euros no prezo da recría da raza Rubia Galega e de 10 euros nos animais das razas Cruces Industrial Cor e Frisoa. Ademais, baixaron en 0,10 euros os prezos das canais do vacún maior de matadoiro, clases O e P.
En canto á Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, a Mesa de Prezos decidiu por maioría baixar 0,02 euros os prezos de todas as canles de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.
Finalmente, a asistencia aumentou en 165 animais, transcorrendo un total de 1.332 reses. En detalle, houbo 1.191 cabezas de vacún menor (176 máis que na sesión do 24 de xuño); 22 de vacún mediano (-19 animais) e 119 de vacún grande (+8 reses).
Galego









Control OJD