Baixada nos prezos da recría en Amio

Baixada nos prezos da recría en Amio

O Mercado de Amio pechou hoxe cunha baixada de 10 euros nos prezos da recría das razas Cruces Industrial Cor e Frisona, e tamén cun descenso de 0,05 euros das canais de todo o vacún maior de matadoiro, segundo as estimacións da organización da feira.

En canto aos prezos da Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiu por unanimidade manter os da sesión anterior para todas as clasificación e as categorías desta carne.

Finalmente, a asistencia á xornada deste mércores foi de 1.797 animais, 475 máis que á do pasado 22 de xullo. En detalle, houbo 1.633 cabezas de vacún menor (478 máis que na sesión anterior); 51 de vacún mediano (+20) e 113 de vacún grande (-23).

Ao non existir na xornada de hoxe previsión de altas temperaturas na metade norte peninsular, evitáronse os problemas de mercados pasados, cando o endurecemento da normativa de transporte levou á escasa asistencia de xatos de recría. Son animais que en gran parte marchan para cebadoiros do Leste peninsular e o seu transporte vese moi condicionado con temperaturas superiores a 35º.

Cotizacións do 5 de agosto de 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información