Na sesión deste mércores, 29 de abril, no Mercado Nacional de Gando de Amio mantivéronse os mesmos prezos da sesión anterior en todas as categorías e calidades de gando vacún que asistiron ao recinto compostelán, agás nos becerros de crecía de cruce, nos que se aprecia unha tendencia á baixa.
En canto á Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por maioría manter os prezos da semana pasada.
Na sesión de hoxe a asistencia de gando foi de 1.051 reses, 63 máis que á do pasado 22 de abril. En total houbo 915 cabezas de vacún menor (36 máis que na sesión anterior); 35 de vacún mediano (7 máis que na sesión anterior) e 101 de vacún grande (20 reses máis).

Galego









Control OJD