A Mesa de Prezos de Abasto, en Amio, detecta gran lentitude nas vendas de canais, o que leva a unha tendencia á baixa no gando de recría. A Mesa acordou por unanimidade unha baixada de 10 euros nos prezos da calidade extra das femias de recría de rubia galega e de cruces de cor. En vacún maior, por un axuste técnico, sobe 10 céntimos a clasificación O2 e baixa 10 céntimos a clasificación O1.
En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acorda o mantemento das cotizacións igual que na sesión anterior, se ben aprecia unha tendencia xeral á baixa.
A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.099 reses, 170 menos que no pasado 27 de xaneiro. Por tipo de animais, houbo 1.627 cabezas de vacún menor, 192 de vacún mediano e 259 de vacún grande.
Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (3-VII-2015)