Baixada nas cotizacións do gando de recría en Amio

Os valores de referencia acordados nas mesas de prezos de Amio experimentaron esta semana cambios no gando de recría, en tanto o resto de categorías permanecen sen cambios. En Ternera Gallega, houbo repetición das cotizacións, igual que no vacún maior e nos becerros para sacrificio, se ben nesta última categoría apréciase unha tendencia á baixa.

En gando de recría, a Mesa de Prezos de Gando de Abasto decidiu baixar 10 euros e 5 euros respectivamente os prezos dos machos e femias destetados das razas Rubia galega e cruces.

A asistencia do gando ó mercado desta semana foi de 2.426 reses, 231 máis que na anterior sesión. Houbo 1.904 cabezas de vacún menor (187 máis), 262 de vacún mediano (9 máis) e 249 de vacún grande (42 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (12-IX-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información