A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade baixar os prezos en 0,03 euros para todas as categorías e as calidades desta carne. É o primeiro descenso tras varios meses de cotizacións á alza.
A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de tan só 23 reses: 3 de vacún mediano e 20 e vacún maior para o matadoiro, debido á inminencia dos festivos de Semana Santa. Aínda que non representativos dado o seu escaso volume, os prezos deste gando mantívose sen cambios.

Galego









Control OJD