Baixada do gando de recría frisón en Amio

A Mesa de Prezos de gando de abasto, que se reúne cada semana en Amio, acordou esta semana unha baixada de 5 euros nos prezos dos machos descostrados e lactantes de raza frisona. Os vogais da Mesa coincidiron en apreciar, en cambio, unha tendencia á alza nos prezos dos machos de cruce. No vacún mediano para sacrificio e no vacún maior mantéñense os mesmos prezos da semana pasada. Tampouco houbo cambios na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, na que se repiten os prezos da anterior sesión en todas as categorías e calidades.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.903 animais, 25 menos que a pasada semana. Houbo 1.488 cabezas de vacún menor (28 menos), 248 de vacún mediano (18 máis) e 160 de vacún grande (16 menos).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (21-XI-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información