O gando que concorreu ao recinto feiral de Amio sufriu baixadas de prezo, segundo a organización do mercado. En detalle, 0,20 euros menos os prezos das canais do vacún maior de abasto clases S, E, U e R. Tamén baixaron os das canais do mesmo tipo de gando canles O e P. Na recría hai tendencia á baixa igualmente.
A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade baixar 0,02 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Ternera Gallega.
En canto á asistencia, transcorreron polo recinto 1.095 reses, 54 máis que á do pasado 13 de maio. Así, houbo 972 cabezas de vacún menor (65 máis que na sesión anterior); 34 de vacún mediano (-3 animais) e 89 de vacún grande (-8).
Galego









Control OJD