Baixada en Silleda nos prezos de case todas categorías de gando vacún

A xornada de hoxe presenta un descenso nos prezos medios de case todas as categorías, rexistrando así un volume total de transaccións de 1.474.238 euros

Baixada en Silleda nos prezos de case todas categorías de gando vacún

Tras semanas de marcas, a Central Agropecuaria de Galicia presenta unha baixada de prezos en case todas as categorías. Isto supón tamén unha caída no volume total de transaccións, que queda en 1.474.238 euros, é dicir, 163.354 euros menos que na última xornada.

En canto á afluencia de gando, na sesión de hoxe transcorreron un total de 1.554 animais, dos cales 1.484 foron adxudicados.

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 213 euros, 35 euros menos que na da semana pasada; os de 21 a 50 días baixaron o seu valor 86 euros, ata os 238 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 326 euros (-84 euros).

18_03_2025_page-0001

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 483 euros (-78 euros), e as femias vendéronse a 401 euros de media, cun incremento de 23 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 632 (-7) e as femias a 455 euros (-3). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 897 euros (-47 euros) e as femias de 657 euros (-26).

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial subiron o seu valor medio 29 euros e chegaron aos 1.499 euros con respecto á poxa pasada, mentres que os das femias baixaron 8 euros e chegaron aos 1.239 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.689 euros de media os machos (+118 euros) e a 1.324 euros as femias (-32). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema presentan un incremento do seu valor medio de 68 euros e quedan nos 1.542 euros por animal.

No vacún maior os prezos medios rexistraron descensos en todas as categorías e quedan da seguinte maneira: os da extra en 2.248 euros (-120 euros); os de primeira en 1.207 (-10) e os de segunda en 752 (-20 euros extra (+23) e primeira (+13) e chegaron a uns valores de media de 2.368 e os 1.217 euros, respectivamente. Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia rexistraron unha baixada de 40 euros, e quedaron cun prezo medio de saída de 2.200 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino presentan unha suba de 0,03 nas seguintes categorías: a selecta, que alcanza os 1,715 euros/kg; a normal, quedándose nos 1,69, e a de desvelle, alcanzando os 0,7/0,76. A canle II sobe 0,039 e chega aos 2,195.

18_03_2025_page-0002

Nos leitóns hai suba de 3 euros e os exemplares chegados dunha única granxa chegan aos 91 euros (cun prezo de 455 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 86 euros e cun prezo por quilo de 4,3 euros.

No mercado do ovo, os prezos soben 0,15 os da XL, que chegan a 3,33 euros; os da M, alcanzando os 2,59 e os da S a 2,29. A clase L subiu 0,14 e pagouse a 2,79.

O prezo do coello continúa en 2,50 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información