As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana unha baixada xeralizada nos prezos do gando de abasto, tanto no de Ternera Gallega como nos becerros que non están na Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
En Ternera Gallega, as cotizacións caeron 5 céntimos por quilo na calidade suprema e 3 céntimos na calidade normal. Os vogais apreciaron unha diminución brusca no consumo, á vez que un exceso de stock de suprema.
En gando de abasto, a baixada oscilou entre os 5 céntimos (calidades R e O ata 180 quilos) e 10 céntimos (calidades R e O entre 180 e 220 quilos; e U entre 221 e 250 quilos). O gando de recría continúa sen cambios, aínda que se aprecia unha forte tendencia á baixa nos animais de raza frisona.
A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.210 reses, 109 máis que no anterior mercado. Houbo 1.703 cabezas de vacún menor, 258 de vacún mediano e 223 de vacún grande.
Táboa completa das cotizacións de Amio (18-11-2015)