Na sesión deste primeiro mércores de maio, o Mercado Nacional de Gando de Amio rexistrou unha baixada de 10 euros nos prezos da recría da raza Rubia Galega e 5 euros no das razas Cruces Industrial Cor e Frisoa. Ademais, tenden á baixa os prezos do vacún maior das clases O e P.
En canto as categorías Suprema e Tenreira, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiou por unanimidade baixar 0,02 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías.
Así mesmo, a afluencia de gando na sesión foi de 1.057 animais, sete máis que no 29 de abril. En detalle, houbo 904 cabezas de vacún menor (11 menos que na sesón anterior); 33 de vacún medio (-2 reses) e 120 de vacún grande (19 máis que o anterior mércores).
Galego









Control OJD