Baixada en Amio dos prezos dos becerros de recría de cruce

Baixada en Amio dos prezos dos becerros de recría de cruce

Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral presentan unha baixada de 5 euros os do vacún da recría de cruzamento industrial de cor.

En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 1.602 reses, 142 menos que á do 4 de setembro. En detalle, houbo 1.367 cabezas de vacún menor (88 menos que na sesión anterior); 54 de vacún mediano (-37) e 181 de vacún grande (-17).

Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos de todas as categorías e as calidades desta carne.

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (11-IX-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información