Baixada en Amio de Ternera Gallega Suprema

Esta semana houbo cambios nas cotizacións decididas en Amio no tocante á IXP Ternera Gallega Suprema e ós becerros medianos para sacrificar á marxe da IXP. A Mesa de Prezos de Ternera Gallega decidiu baixar 3 céntimos a calidade Suprema, en tanto que na calidade convencional repítense os prezos.

Tamén houbo baixadas de prezos nos becerros medianos para sacrificio no treito de peso entre 221 e 250 quilos, que baixan 10 céntimos. O resto de pesos repite os valores da semana pasada. Non houbo cambios nin en gando de recría nin en vacún maior.

En canto á asistencia de gando á sesión desta semana, houbo 2.126 reses, 243 máis que a pasada semana. Houbo 1.689 cabezas de vacún menor (+231 en relación á anterior sesión), 232 de vacún mediano (+7) e 184 de vacún grande (+8).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (13-II-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información