Baixada dos prezos en Silleda

Baixada dos prezos en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia (Silleda) rexistrou hoxe un total de 1.362 animais, dos cales 1.244 foron adxudicados.

En canto aos prezos, case todas as categorías, tanto de tenreiros como de vacún maior, presentan baixadas con respecto á semana anterior.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 121 euros, 42 euros menos que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 163 euros, o que supón un descenso de 25 euros, e os de máis de 50 días a 225 euros, caendo 10 euros. En canto aos de cruces industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 402 euros (-19 euros), mentres que as femias vendéronse a 235 euros (+73 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 430 euros, cunha baixada de 43 euros, e as femias descenderon o seu valor en 45 euros, até os 288 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 633 euros (+8 euros) e as femias de 434 euros (+3 euros).

06_08_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron o seu prezo medio 57 euros e cotizáronse a 1.177 euros, mentres que as femias subiron 14 euros (1.043 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.320 euros de media os machos, o que supón un descenso de 28 euros e as femias incrementaron o seu valor medio en 29 euros, até os 1.119 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema quedan cun valor medio de 1.223 (-33 euros).

No vacún maior houbo baixada de prezos fóra da categoría extra, na que subiron ata os 2.127 (+73 euros). A categoría primeira cotizouse a un valor medio de 1.159 euros (-2 euros); a segunda a 783 euros (-13 euros) e na de desfeito non se venderon reses. Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia subiron 69 euros o seu valor medio, fixando un prezo medio de saída de 1.528 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada. Así, o porco selecto págase a 1,875 euros, normal a 1,85 euros, os de canle II a 2,403 euros e os de desvieje 0,81/0,87 euros.

06_08_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 66 euros (cun prezo de 3,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 61 euros e cun prezo por quilo de 3,05 euros; ambos presentan unha baixada de 3 euros.

O mercado do ovo mantéñense os prezos da semana pasada: os da XL pagáronse a 2,85; os da L a 2,24, os da M quedan en 1,95 e, finalmente, os da o S en 1,65.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información