Baixada dos prezos dos becerros de recría en Silleda e suba do vacún maior

Lixeira baixada nos becerros de recría, algo menos no Frisón e suba do vacún maior. Soben tamén os ovos e baixada do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 7 de novembro

Baixada dos prezos dos becerros de recría en Silleda e suba do vacún maior

Despois de dúas semanas consecutivas de recuperación, a Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca  comezou o mes de novembro cunha lixeira baixada nos prezos nos becerros de recría, sobre todo nos de cruce, e unha suba en vacún maior. O porco cebado continúa á baixa, seguen subindo os ovos, mentres que en Madrid o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha lixeira baixada este martes, pero con excepcións. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media baixou ata os 108 euros por xato, fronte aos 113 da poxa do pasado martes. Porén, na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 117 euros por xato, tres máis que a pasada semana. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio baixou claramente ata os 130 euros, fronte aos 163 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi máis claramente á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 336 euros, fronte aos 347 da pasada poxa. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén caeu ata os 342 euros de media, fronte aos 349 do pasado martes. Nas femias a tendencia foi a mesma: 211 euros de media, oito menos que o pasado martes. A excepción a esta baixada foron os xatos de máis de 51 días, onde o prezo medio dos machos subiu ata os 435 euros, fronte aos 426 euros de media da última poxa. As femias, pola contra, baixaron ata os 303 euros de media fronte aos 311 da pasada semana.

No vacún maior o prezo experimentou unha suba. Deste xeito, quedaron en 1.089 euros de media en categoría primeira, 724 en segunda -a máis numerosa- e 438 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.065, 722 e 448 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_NOVEMBRO_17_2

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba en todas as categorías. Na XL e na L a suba foi de 0,05 euros, quedando a ducia en 1,83 e 1,76 euros, respectivamente. Na M a suba acordada foi de 0,06 euros, cotizándose a ducia a 1,66 euros. E na categoría S subiu a ducia ata os 1,35 euros, 0,04 máis que a pasada semana.

E na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e sen cambios nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,01 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,120 e 1,095 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén baixou 0,013 euros, ata quedar nos 1,422 euros por quilo. E no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras baixadas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_porcino_NOVEMBRO_17_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información