Baixada dos becerros pintos en Silleda e leve repunte no resto de gando vacún

Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou este martes subas no vacún maior e nalgunhas seccións da recría de cruce, mentres houbo unha baixada xeneralizada nos pintos. As mesas de cotización do porcino acordaron manter as cotizacións mentres que en avicultura acordouse unha suba dos ovos.

Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado.

prezos amio vacun 28 setembro 22

Na recría de raza frisoa, os becerros máis novos, os de menos de 20 días; experimentaron unha baixada de 2 euros respecto á semana pasada e o prezo medio é agora de 110 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando; o prezo medio caeu en 14 euros e sitúase nos 113 euros. Nos becerros de máis de 50 días amósase unha baixada de 23 euros e o prezo medio foi de 115 euros.

Nos becerros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi irregular, con alzas nalgunhas seccións seccións. Os tenreiros máis novos, os de menos 20 días, tiveron un prezo medio de 247 euros os machos, o que deixa unha suba de 24 euros. Os tenreiros de entre 20 a 50 días mantivéronse de media en 301 euros, ao igual que a pasada semana. Nos animais de máis de 50 días houbo unha suba de 52 euros e sitúanse nos 415 euros de media.

En canto ós prezos dos becerros carniceiros, a tendencia foi á baixa. Os becerros de cruzamentos industriais, a categoría máis numerosa cotizáronse de media a 1014 os machos e 948 as femias, mentres que a pasada semana o prezo medio foi de 1141 e 898 euros, respectivamente .

No vacún maior a tendencia foi á alza, con algunhas excepcións. As vacas da extra experimentaron unha suba de 6 euros e o valor medio foi de 2034 euros. Os animais de primeira incrementaron o seu valor medio en 2 euros, de xeito que pasan a situarse nos 1.160 euros. As vacas de segunda tiveron unha baixada de 12 euros e o prezo medio é de 752 euros. Na categoría de desfeito a cotización media foi de 465 euros, o que supón 9 euros por debaixo da media que se fixou a semana pasada. Para os exemplares comercializados baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia, o prezo medio foi de 2291 euros, por debaixo dos 2467 da semana anterior.

Subas dos ovos

En canto á mesa de porcino non houbo cambios tanto para ceba como para os leitóns.

No mercado do ovo acordou unha suba de 0,02 euros . Así, os ovos da XL cotízanse a 2,62 euros a ducia. Mentres, os da L están nos 2,32 euros, os ovos da M atópanse a 1,93 euros e nos ovos da S a ducia págase a 1,70 euros.

prezos amio porcino 28 setembro 22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información