As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada nos prezos dos becerros de recría, mentres que o vacún maior rexistrou unha leve suba.
Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 112 euros; a 137 € os de 21 a 50 días, e a 126 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 128, 151 e 165 €, respectivamente.
En canto aos becerros de recría de cruce industrial, a baixada tamén foi xeneralizada, agás nos de máis de 51 días. En concreto, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 277 euros; a 312 € os de 21 a 50 días, e a 446 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 283, 337 e 401 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos rexistraron unha leva suba, agás na categoría de desvelle, que baixou respecto á semana pasada.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
No mercado de Amio, en Santiago de Compostela, as cotizacións dos becerros amparados pola IXP Ternera Gallega mantivéronse sen cambios.
Suba dos ovos
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir os prezos en todas as categorías un 0,03%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,52 € para os XL; 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nos 1,40 €/kilo.
Estabilidade no porco cebado e baixada no leitón
En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. Nos principais mercados europeos os prezos cotizaron, en xeral, á alza. En Alemaña subiron un 0,02%, en Dinamarca mantivéronse estables e en Holanda baixaron un 0,01%.
En canto aos leitóns acordouse baixar os prezos un 2%, acumulando varias semanas consecutivas de baixadas. Así, quedaron nos 27 euros os procedentes de varias explotacións e nos 32 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito: