Baixada dos becerros de sacrificio na Mesa de Prezos de Amio

Baixada dos becerros de sacrificio na Mesa de Prezos de Amio

Mercado de Amio. / Archivo.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que se reúne semanalmente coincidindo co mercado de Amio, acordou esta semana unha baixada de 5 céntimos no prezo das canais de tódolos becerros ata 180 quilos e de 10 céntimos nas canais de peso superior. Mantéñense sen cambios os valores de gando de recría e vacún maior. Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, os vogais decidiron por maioría manter as cotizacións en tódalas categorías e calidades.

En canto á asistencia de gando á feira desta semana, entraron no recinto 2.139 reses, 85 máis que a pasada semana. Houbo 1.793 cabezas de vacún menor, 145 de vacún mediano e 201 de vacún maior.

Máis información
Táboa das cotizacións de Amio (20-I-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información