Baixada dos becerros de recría en Silleda

O porco cebado segue á baixa e soben os leitóns, mentres que o vacún maior mantense estable. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 10 de novembro

Baixada dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada nos prezos dos becerros de recría, unha caída que foi máis moderada na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa.

Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 335 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 346 e a 470 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 345, 365 e 470 €, respectivamente.

Nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 85 euros, fronte aos 116 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, case non houbo cambios: unha media de 109 euros por xato, un menos que a semana pasada. E nos de máis de 51 días os prezos medios caeron máis: a cotización media foi de 128 euros por animal fronte aos 155 do pasado martes.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse practicamente iguais aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.118 euros a 1.140 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 700 €, nove máis que a pasada semana. Nas vacas de desvelle o prezo medio foi de 421 euros, fronte aos 424 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_10_NOV_2015

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou estable nos 1,34 € e a M nos 1,23 € a ducia.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os 1,85 €/kilo da pasada semana.

Baixada no porco cebado e suba dos bacoriños

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións. Desta volta a caída media foi do 0,05% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,065% na Canle II. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos tamén caeron esta semana un 0,05%.

En canto aos leitóns acordouse, tras varias semanas consecutivas de baixadas, subir os prezos un 1%. Deste xeito quedaron nos 25,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 30,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_porcino_10_NOV_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información