Baixada dos becerros de recría en Silleda nunha xornada de gran afluencia de gando

Os becerros de recría baixaron este martes en Silleda, mentres que subiu o vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 9 de xaneiro

Baixada dos becerros de recría en Silleda nunha xornada de gran afluencia de gando

A segunda xornada do 2018 da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse baixada dos prezos dos becerros de recría, nunha xornada con récord de asistencia de gando. O vacún maior, pola contra, subiu de prezo. O porco cebado segue sen cambios mentres que os leitóns continúan subindo.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á baixa. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización caeu ata os 82 euros por xato, 25 menos que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén caeron ata unha media de 123 euros por xato, fronte aos 132 euros de media da pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 159 euros de media, 21 máis que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén claramente á baixa. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, na que as cotizacións medias subiron nos machos ata os 354 euros, fronte aos 332 da pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 347 euros de media, fronte aos 373 do pasado martes. Por último, nos xatos de máis de 51 días os prezos baixaron nos machos ata unha media de 429 euros por animal, fronte aos 503 euros de media da última poxa.

Subida do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha subida en todas as categorías agás no desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.091 euros de media en categoría primeira, 712 en segunda -a máis numerosa- e 475 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.077, 677 e 480 euros, respectivamente.

Récord de asistencia de gando vacún

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe varias marcas. Así, en canto a asistencia total, acadou a cifra de 1.377 animais, a maior dende  o 31 de xullo de 2012, cando concorreran 1.410 exemplares. Por outra banda, na categoría de becerros de recría os 978 animais que acudiron esta mañá supuxeron a mellor marca en asistencia desta categoría dende o 4 de outubro de 2010, cando acudiran 1.013 reses, ao tempo que os becerros adxudicados, 941, supoñen o maior número rexistrado na historia da Central.

Así mesmo, as transaccións acadadas nesta categoría de becerros de recría, 207.801€, supoñen un récord absoluto na Central, estando ata hoxe a maior facturación desta categoría nos 187.376€ do 19 de xuño de 2012.

SILLEDA_VACUN_XANEIRO_18_1

Sen cambios en porcino e nos ovos e suba dos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana. Así, nas categorías XL e S, as cotizacións quedaron en 1,87 e 1,39 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse manter a ducia en 1,81 e 1,71 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid  o coello baixou 0,05 euros ata quedar o quilo nos 1,60 euros.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado mantívose esta semana nos 1,370 euros o quilo, unha tendencia á estabilidade ou a leves baixadas que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse por segunda semana consecutiva subir 2 euros as cotizacións, ata os 44 euros para os procedentes de varias explotacións e os 49 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información