Baixada dos becerros de recría e carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes unha baixada xeral dos becerros, tanto frisóns como de cruce, e recupérase o prezo do vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns

Baixada dos becerros de recría e carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes unha baixada xeral dos prezos dos becerros de recría, tanto de raza Frisoa como de cruce, así como dos carniceiros. Mentres, recupéranse os prezos do vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e soben de novo os ovos.

En canto ós becerros de recría, os animais de raza frisoa acusaron reducións en tódalas categorías. Os animais máis novos, de menos de 20 días, cotizáronse a 78 euros, 5 menos que na feira pasada. Os becerros de entre 20 e 50 días, a sección máis numerosa, mantívose case sen cambios nos 106 euros de media, cunha leve baixada de 0,32 euros nos machos. Mentres, no caso das femias o prezo caeu ata os 54 euros, logo dunha redución de 76 euros. Os animais de máis de 50 días acadaron os 129 euros no caso dos machos, cunha baixada de 26 euros, e as femias situáronse nos 75 euros de media, 48 euros menos que a semana anterior.

Nos becerros de cruces industriais, a tónica foi similar, agás nos animais máis novos, de menos de 20 días, que incrementaron en 1 euro o seu valor, ata os 220 euros. Nas femias desta mesma categoría o prezo reduciuse en 45 euros con respeto á feira pasada, ata os 204 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días a baixada foi de 12 euros tanto para machos como para femias, cotizándose a 301 e 213 euros respectivamente. Os animais de máis idade, con máis de 50 días, acadaron os 371 euros nos machos, logo dunha baixada de 7 euros. As femias situáronse nos 256 euros, tras descontar 16 euros.

Tamén os becerros carniceiros acusaron unha baixada nesta sesión. No caso dos animais frisóns o prezo medio foi de 390 euros para os machos, logo dunha baixada de 221 euros. As femias cotizáronse a 225 euros de media, 230 por debaixo da semana pasada. Nos animais de cruces industriais, os machos situáronse nos 821 euros, 66 euros menos, e as femias a 763 euros, 71 euros menos que na feira anterior.

Suba no vacún maior

Logo da baixada da semana pasada, no vacún maior a tendencia foi á alza aínda que as vacas de primeira categoría aínda rexistraron unha baixada de 10 euros ata situarse nos 1.096 euros. Mentres, as vacas de segunda incrementaron o seu valor en 30 euros ata os 739 euros, e no caso dos animais de desvelle tamén subiron 12 euros para situarse nos 454 euros de media.

Central-Agropecuaria-Galicia-17_09_2019-vacuno--

Sen cambios no porcino

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron de novo manter sen cambios o prezo do porco cebado. Así, os prezos para o porco cebado selecto e normal mantéñense en 1,495 e 1,470 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II págase a 1,909 euros o quilo e nos animais de desvelle segue o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros.

Nos leitóns tampouco houbo cambios. Así, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente.

En canto ós ovos houbo suba en tódalas categorías: A XL sobe 0,020 euros e queda nos 1,43 euros a ducia; a L faino en 0,03 e sobe ata os 1,25 euros; a mesma suba para a M, que queda nos 1,10 euros a ducia, mentres que a S queda en 0,90, despois da suba máis destacada da xornada, de 0,04 euros. O prezo da galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo.

E no relativo ó prezo do coello, a Lonxa de Madrid acordou manter sen cambios o prezo nos 2 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-Galicia-Porcino--17_09_2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información