As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse por la caída nos prezos dos becerros de recría de Frisona e a suba dos de Cruce industrial.
Deste xeito, nos xatos de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 64 euros, fronte aos 90 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, houbo tamén baixada de prezos, pero menor: unha media de 98 euros por xato, fronte aos 102 da semana pasada. Onde si se notou máis a baixada foi nos becerros de máis de 51 días: 113 euros por animal fronte aos 143 do pasado martes.
Pola contra, nos tenreiros de recría de Cruce industrial a tendencia foi á alza: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 325 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 399 e a 448 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 302, 380 e 455 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cunha lixeira baixada: 1.059 euros de media en categoría primeira, 711 en segunda e 427 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.120, 717 e 430 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
Ovos sen cambios e coello á baixa
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 € e a ducia dos de clase M en 1,25 €.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos caeron un 0,10% ata os 1,60 €/kilo.
O porco cebado mantense estable e soben os leitóns
A mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por kilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que o canal II quedou en 1,130.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios en 1,25 euros o kilo.
En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 2%. Deste xeito quedaron nos 30 euros os procedentes de varias explotacións e nos 35 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:
Por outra banda, o mercado do martes 22 de decembro adiántase ao luns 21, manténdose o resto nos días e horarios habituais.