Baixada de Ternera Gallega Suprema en Amio

Baixada de Ternera Gallega Suprema en Amio

Mercado de Amio. / Arquivo.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou hoxe por maioría baixar 3 céntimos os prezos da categoría Suprema ata 250 quilos, os machos, e ata 225 quilos as femias. O motivo é suavizar un pouco as diferenzas de prezo entre os distintos treitos de peso das canais. A outra mesa de prezos que marca referencias en Amio, a de Gando de Abasto, decidiu por unanimidade repetir os valores da pasada sesión en tódalas categorías e calidades de gando, tanto en recría como en vacún maior e becerros de sacrificio.

O mercado, pola súa banda, congregou hoxe a 2.054 reses, 476 menos que a pasada semana. Con esta concorrencia, vaise normalizando a afluencia de gando tralas alteracións que provocaron as datas de Nadal.

Entraron no recinto de Amio 1.708 cabezas de vacún menor (541 menos que a pasada semana), 149 de vacún mediano (3 máis) e 191 de vacún grande (56 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (13-I-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información