
A caída do consumo interno pola suba dos prezos para os consumidores finais, a falta de reposición de gando polas restricións sanitarias ao movemento, e a redución de operacións dos matadoiros pequenos e medianos foron a tónica dun mes de abril que tamén se viu condicionado pola Semana Santa. Son as principais conclusións do estudo mensual que elabora a interprofesional do sector bovino Provacuno.
O barómetro de Provacuno realízase en colaboración con Mercolleida e empréganse datos das lonxas de Binéfar, Lleida e Salamanca e, entroutras entidades, a Comisión Europea, O Ministerio de Agricultura ou o Instituto Nacional de Estatística.
Mercado de canais
Por categorías, os añojos -de entre 12 e 24 meses- de clasificación R e pesos intermedios acadaron un prezo medio de 7,31 €/kg, é decir 0,54 € máis respecto a abril de 2025 pero 14 céntimos menos que respecto a marzo deste ano. Na clasificación U, para o mesmo rango de peso, a cotización siituouse en 7,52 €/kg, cuhna suba interanual de 0,56 €/kg e un retroceso mensual de 0,14 €/kg.
Respecto das femias cruzadas, a tenreira R de pesos intermedios rexistrou un prezo de 7,46 €/ kg, e a de categoría U alcanzou os 7,69 €/ kg. Estas cifras representaron aumentos interanuaies de 0,66 €/kg e +0,70 €/kg, respectivamente. Pero no balance co mes anterior tiveron descensos de 11 e 10 céntimos respectivamente.
Os rexistros das principais lonxas analizadas por Provacuno reflicten que as canais de frisón se pagaron a 6,87 €/kg para os animais de máis de 220 quilos, situándose 0,53 €/ kg por riba do mesmo mes do ano pasado e cunha caída de 0,10 €/kg respecto a marzo de 2026.
As cotizacións seguen moi por riba das de hai un ano pero acumúlanse dous meses de baixada de prezos
Como nos meses anteriores, a demanda interna mantense á baixa polos prezos que o consumidor percibe elevados. Dese xeito, optan pola carne picada ou polo porco e a carne de polo. Igual que en marzo, os matadoiros seguen manexando marxes moi estreitas e co problema engadido das dificultades para valorizar a totalidade da canal (especialmente as partes dianteiras). Ademais de ter uns almacéns saturados por causa da menor saída de produtos ao mercado.
Provacuno constata que a carne española perdeu competitividade na exportación fronte a países máis agresivos en prezo, como Brasil e Polonia, se ben tamén afectaron factores administrativos e sanitarios. As restriccións derivadas da Dermatose Nodular Contaxiosa (DNC) mantiveron paralizados os envíos de animais vivos en abril.
O mes pasado rexistrouse un incremento da oferta, tanto pola estacionalidade da primavera como polo comportamento do mercado libre. Unha vez máis, os gandeiros sen contrato aceleraron as saídas ante a expectativa de maiores caídas e ofreceron animais por baixo das cotizacións de referencia, arrastrando os prezos oficiais á baixa.
Por categorías, os machos cruzados concentraron as maiores variacións. A dependencia da exportación e o exceso de exemplares pesados con alto nivel de engraxamento dificultaron a súa comercialización. As femias e o frisón resistiron inicialmente pero acabaron cedendo ante la situación xeral do mercado.
Dende Provacuno indican que os gandeiros seguen sufrindo un efecto de pinza sobre as súas marxes: mentres o prezo de venda a matadoiro caeu de forma sostida, os custes de reposición se mantiveron elevados.
Mercado en vivo
Os últimos datos do Servicio de Comercio Exterior Ganadero (Cexgan) son de febreiro e reflicten que as exportacións españolas de gando bovino en vivo con destino a países terceiros continuaron totalmente paralizadas.
En todo o mes non se realizou ningún envío de animais, fronte as 11.977 cabezas exportadas en febreiro de 2025, o que supón unha caída interanual do 100 %. As restricións derivadas da DNC e os prezos pouco competitivos no mercado internacional, continúan dificultando a recuperación das exportacións.
As exportacións de gando bovino en vivo mantivéronse paralizadas nos dous primeiros meses do ano
A ausencia de operacións impide establecer un reparto por destinos durante o comezo de 2026. Pero sábese que nos primeiros meses de 2025 Marrocos concentraba a meirande parte das compras de gando español, con 13.381 cabezas importadas entre xaneiro e febreiro. Líbano foi o segundo destino, con 4.681 animais, mentres que Libia recibiu 2.315 cabezas neses dous primeiros meses.

A reapertura dos mercados internacionais seguirá condicionada tanto pola evolución epidemiolóxica da DNC e outras doenzas como pola capacidade do sector para recuperar atractivo fronte a outras orixes de países competidores.
Animais de cebo
A Semana Santa reduciu a actividade comercial e ralentizou as operacións de compra e as saídas hacia matadoiro. A menor fluidez contribuíu a moderar a necesidade inmediata de reposición nos cebadeiros, favorecendo un mercado tranquilo e con escaso volume de operacións. Hacia final de abril, a actividade recuperou parcialmente o ritmo habitual, pero cunha actitude de prudencia por parte dos gandeiros.
O máis destacado foi a desconexión entre a evolución do mercado e a reposición. Mentres as cotizacións do gando para sacrificio continuaban debilitándose, os prezos dos animais de cebo apenas se corrixiron.
Os gandeiros están dando saída aos animais antes do previsto polo temor a posibles baixadas de prezos e subas de custes
A escasa dispoñibilidade de reposición -nacional e importada- actuou como sostén para o mercado. Francia mantivo unha oferta moi reducida e Irlanda evolucionou a unha moderación progresiva, con exemplares de máis peso e mellores calidades respecto de semanas anteriores, pero sen provocar unha relaxación relevante no conxunto do mercado.

O barómetro de Provacuno inclue un gráfico cos custes de produción
O deterioro da rendibilidade, pola combinación de carne á baixa e custes de produción elevados, levou especialmente os cebadeiros pequenos a racionalizar as entradas. A estratexia dominante consistiu en manter compras limitadas, evitando deixar baleiras as instalacións, pero sen asumir grandes volumes aos prezos actuais.
Algúns operadores comezaron a retrasar decisións de compra á espera de posibles axustes máis adíante, confiando en que o aumento estacional da oferta permita aliviar parcialmente a tensión sobre as cotizacións.
Balance ata marzo
Durante febreiro de 2026, os matadoiros españois sacrificaron 182.912 cabezas, o que supón estabilidade respecto a febreiro de 2025. A produción en canal alcanzou as 55.419 toneladas, cun incremento interanual do 3,25%. Este comportamento explícase polo aumento do peso medio en canal, que se elevou ata os 302,98 kg por animal (+3,28%), consolidando a tendencia de canais máis pesadas. A balanza comercial exterior mantivo un saldo positivo, cunhas exportacións totais (fresco e conxelado) de 19.232 toneladas fronte a unhas importacións de 12.542 toneladas.
Portugal, Arxelia e Italia seguen sendo os principais mercados da carne de vacún español
As exportaciones de carne fresca chegaron a 16.530 toneladas, cun crecemento interanual do 9%. Portugal, Arxelia e Italia volveron ser os principais compradores. As importacións de carne fresca foron de 9.508 toneladas, un 4% menos que o ano anterior, con Países Baixos, Italia e Alemania como principais provedores.

En carne conxelada, as exportacións caeron un 1%, ata as 2.702 toneladas, con Francia, Portugal e Italia como destinos maioritarios. As importacións tamén retrocederon, situándose en 3.033 toneladas (un 8% menos), procedentes principalmente de Países Baixos, Brasil e Polonia.
O comercio exterior de animais vivos viuse condicionado por factores sanitarios, cunha ausencia total de exportacións de bovino. As importacións tamén caeron: as entradas de mamóns nun 6,28%, e as de pasteiros nun 16,47%.
Provacuno conclúe que as cotizacións da carne de vacún retomaron en febreiro a tendencia alcista tra-la breve pausa rexistrada en xaneiro. O IPC da carne de vacún medrou un 0,60 %, o que amosa un encarecemento moderado dos prezos para o consumidor final.
Pódese consultar o barómetro completo no seguinte DOCUMENTO:
Galego









Control OJD