Baixada de prezos nos becerros carniceiros

A Central Agropecuaria presenta oscilacións nos prezos medios, cunha especial caída nos de becerros carniceiros, que presentan baixadas en todas as súas categorías

Baixada de prezos nos becerros carniceiros

Tras unha xornada de récords no volume de transaccións e en asistencia, a Central Agropecuaria de Galicia presenta na cita desta semana oscilacións nos prezos medios. Destaca a caída no valor medio de todas as categorías dos becerros carniceiros.

En canto á asistencia, en total entraron no recinto 1.383 animais, dos que 1.315 foron adxudicados.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que convén ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 199 euros, 35 euros máis que na da semana pasada; os de 21 a 50 días a 281 euros, cun incremento de 53 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 323 euros (+15 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 484 euros (-17 euros), e as femias vendéronse a 330 euros, cunha baixada de 19 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 577 (+12) e as femias a 393 euros (+6). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 838 euros (+90 euros) e as femias de 545 euros (-3).

28_01_2025_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron o seu valor medio 97 euros e chegaron aos 1.341 euros con respecto á poxa pasada, mentres que nas femias o descenso foi de 47 euros e alcanzan os 1.195 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.407 euros de media os machos (-143 euros) e a 1.202 euros as femias (-75). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tamén presentan unha caída do seu valor medio de 184 euros e quedan nos 1.361 euros por animal.

No vacún maior os prezos medio quedaron do seguinte xeito: a categoría extra en 2.194 euros (+29); a categoría primeira en 1.158 euros (-30 euros), a categoría segunda en 817 (-22) e houbo venda dun animal de desfeito por 508 euros. Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan un ascenso de 932 euros e quedan cun prezo de saída de 2.758 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense en todas as categorías e páganse da seguinte maneira: o selecto a 1,555 euros/kg; o normal a 1,530; a canle II a 1,987 e o de desvieje a 0,62/0,68.

28_01_2025_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa mantéñense nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros; cabe puntualizar que na táboa da semana pasada había un erro e xa era este o prezo.

No mercado do ovo, os prezos presentan unha baixada de 0,05 euros e fíxanse así: os da XL en 3,08 euros; os da L en 2,54; os da M en 2,33 e os da S a 2,03.

O prezo do coello baixa aos 2,30 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información