Baixada de prezos en Ternera Gallega e gando de recría

As mesas de prezos de Amio rexistraron esta semana unha tendencia á baixa. En Ternera Gallega, produciuse unha caída de 3 céntimos en Ternera Gallega Suprema e de 2 céntimos na calidade convencional. Son baixadas habituais nesta época do ano, no entorno do Entroido.

En canto ás cotizacións decididas na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, procedeuse a unha redución de 5 euros nos tenreiros machos de frisona nas categorías descostrados e lactantes de calidade regular e inferior. Os vogais coinciden en apreciar tamén unha tendencia á baixa nas femias de recría, a excepción das frisonas. En vacún maior de abasto e en becerros para sacrificar non hai cambios, se ben apréciase no mercado unha tendencia á baixa no mercado dos becerros para sacrificar.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.356 reses, 154 menos que a pasada semana. Houbo 1.757 cabezas de vacún menor, 260 de vacún mediano e 315 de vacún grande.

Máis información
Táboa de prezos de Amio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información