
A organización interprofesional Provacuno ven de presentar o seu barómetro do mes de marzo, no que recolle as cotizacións e movementos de gando e de carne no sector vacún español. O estudo realízase en colaboración con Mercolleida e empréganse datos de, entroutras entidades, as lonxas de Binéfar, Lleida e Salamanca a Comisión Europea, O Ministerio de Agricultura ou o Instituto Nacional de Estatística.
Un dos datos máis relevantes é que España é o único gran país da Unión Europea (UE) -de máis de 15 millóns de habitantes- onde o censo de vacún sube respecto ao pasado ano. En concreto, pasouse de 6.174.000 cabezas a algo máis de 6.300.000. Eso significa unha suba do 2,04%, a máis elevada entre os 10 países da UE que aumentaron censo.
Mercado de canais
Tendencia baixista consolidada e cambio de rumbo logo de acadar os prezos máximos anteriormente. Foi a tónica do mercado de carne de vacún español ao longo do mes de marzo, segundo se desprende do barómetro mensual da organización interprofesional Provacuno.
No terceiro mes do ano, as cotizacións encadearon descensos semanais na maioría das lonxas. Un dos motivos foi a necesidade de realizar axustes para dinamizar as vendas, que foron moi febles nos mercados interior e exterior.
E é que a demanda interna se viu afactada pola inflación, de xeito que o consumidor final rexeitou os prezos elevados. Así, o porco e o polo experimentaron un aumento do consumo polo seu prezo moderado a costa do vacún/tenreira.
A inflación derivada da inestabilidade xeopolítica levou os consumidores a antepoñer a carne de polo e de porco á de vacún
Nese contexto de contracción da demanda final, os matadoiros tiveron que aplicar estratexias comerciais agresivas para manter a rotación do gando. Ofertas a prezos baixos, operacións con marxes moi estreitas e redución nalgúns casos de ritmos de sacrificio foron prácticas habituais ao longo de marzo.

O barómetro de Provacuno inclúe un informe detallado de prezos e custes
Por canto ao mercado exterior, o balance foi negativo. A inestabilidade xeopolítica derivada do conflito en Oriente Medio condicionou a demanda de carne halal (a sacrificada seguindo os preceptos do Islam). Ademais, a carne española sufriu a competencia doutros pasises europeos -especialmente Polonia e Alemania- que entraron neses mercados con prezos máis reducidos.
A sanidade animal tampouco favoreceu o vacún cárnico a nivel estatal. A detección de focos de Dermatose Nodular Contaxiosa (DNC) en Aragón a principios de mes creou incerteza. A DNC e o inicio das baixadas de prezos levaron a moitas explotacións a adiantar as saídas de animais a sacrificio para evitar posibles restricións de movementos do gando nos vindeiros meses ou mesmo mairoes baixadas nas cotizacións.
Dende Provacuno sinalan que “o gandeiro tamén viu un estreitamento das súas marxes por unha dobre presión: a caída do prezo de venda para matadoiro e un mercado de reposición que se mantivo elevado e non reaccionou á baixa. Ao peche de marzo, o mercado mantivo a súa tónica descendente que xa estaba no gando cruzado, estendéndose xa os axustes a todas as categorías, incluído o frisón.”
Os gandeiros están adiantando a saída dos animais ante o temor á DNC e a posibles baixadas de prezo en orixe
Por categorías, os añojos (becerros de entre 12 e 24 meses) de clasificación R e pesos intermedios alcanzaron un prezo medio de 7,44 €/kg, o que supuxo un incremento de 0,64 €/kg respecto a marzo de 2025 e 0,09 € menos que respecto a febreiro de 2026. Na clasificación U, para o mesmo rango de peso, a cotización foi 7,66 €/kg, cunha suba interanual de 0,67 €/kg e un retroceso mensual de 0,10 €/kg.
En femias cruzadas, a tenreira R de pesos intermedios rexistrou un prezo de 7,56 €/ kg, mentres que a categoría U acadou os 7,78 €/ kg. Estas cifras representaron aumentos interanuais de 0,81 €/kg y 0,82 €/kg, respectivamente. Mensualmente tiveron descensos de 7 céntimos nas dúas categorías. O frisón valorizouse en 6,97 €/kg para animais de máis de 220 kg, situándose 0,69 €/ kg por riba do mesmo mes do año anterior e 0,04 €/kg por debaixo respecto a febreiro de 2026.
O mercado de cebo
O vacún de cebo caracterizouse en por unha aparente estabilidade nas cotizacións, pero cun trasfondo de crecente tensión entre unha oferta estruturalmente axustada e unha demanda condicionada pola febleza do mercado cárnico e o aumento dos custes de produción.

Os animais dispoñibles reducíronse de forma progresiva, acorde co comportamento estacional da primavera. A redución de mamóns, especialmente de orixe francesa, coincidiu co inicio da campaña de animais procedentes de Irlanda.
Pero o relevo non destensionou o mercado porque os prezos de saída mantivéronse en niveis elevados, limitando o volume de operacións e dificultando o axuste das cotizacións. A oferta mantívose curta e cunha notable heteroxeneidade en canto a calidades e tipoloxías, aseguran dende Provacuno.
Da análise da demanda dedúcese un comportamento prudente. Os cebadeiros son remisos a asumir os prezos actuais en reposición, nun contexto marcado pola incertidume económica, as tensións xeopolíticas e a previsión de incremento dos custes de produción.
A previsión de incremento de custes de produción nas explotacións está a alterar os mercados
A esto hai que engadir sinais de debilitamento no mercado cárnico, condicionando directamente a capacidade de rotación e o ritmo de novas entradas. O contexto leva a moitas explotacións a ralentizar ou axustar as decisións de compra, priorizando a xestión de marxes fronte á expansión da actividade.
Aparte deso, a proximidade da Semana Santa no final do mes contribuíu a desacelerar a actividade comercial. A falta de acordo sobre prezos entre compradores e vendedores -sobre todo no eido internacional- limitou o dinamismo mercantil, consolidando a tónica de repetición.
Vacún en vivo e mercado exterior
As exportacións españolas de gando bovino en vivo hacia países de fóra da UE quedaron paralizadas en xaneiro, como xa sucedera en decembro. Segundo datos do Servicio de Comercio Exterior Ganadero (Cexgan), en xaneiro non houbo ningún envío, é decir, a caída foi do 100% respecto das 8.400 cabezas exportadas no primeiro mes de 2025. O freazo vencéllase coas restricións sanitarias derivadas da DNC e con prezos que dificultan a reactivación das ventas ao exterior.
As exportacións de gando en vivo foron inexistentes no mes de xaneiro por cuestións sanitarias e de conflito internacional
Por distribución xeográfica, resulta imposible establecer un desglose de destinos ante a ausencia total de exportacións. Aínda así, pódese lembrar que en xaneiro de 2025 Marrocos foi o principal receptor de gando español, con 6.414 cabezas exportadas, mentres que Líbano e Libia recibiron 1.373 e 613 animais respectivamente. Esta situación plantexa importantes desafíos para a recuperación do sector e subliña a necesidade de buscar estratexias que permitan restablecer a confianza sanitaria e a competitividade no mercado internacional.

Balance do mes de xaneiro
En xaneiro deste ano, os matadoiros españois sacrificaron 195.232 cabezas, un 0,55% menos respecto a xaneiro de 2025. Pero a produción en canal alcanzou as 58.610 toneladas, rexistrando un incremento interanual do 2,11%. Esta situación explícase polo aumento do peso medio das canais, que se elevou ata os 300,21 kg por animal (+2,68%), consolidando a tendencia hacia canais máis pesadas.
En comercio exterior, mantívose o saldo positivo, cunhas exportaciónss totais (fresco e conxelado) de 18.524 toneladas fronte a unhas importacións de 12.736 toneladas. As compras de carne fresca nos matadoiros españois alcanzaron as 16.088 toneladas, o que representa un crecemento do 4% interanual.
A balanza comercial segue arroxando un saldo favorable ás exportacións de case 6.000 toneladas tanto en fresco como en conxelado
Portugal, Italia e Arxelia foron os principais destinos. En canto a importacións de carne fresca, situáronse en 9.579 toneladas (-6%), con Países Baixos, Italia e Polonia encabezando a lista de orixes. En carne conxelada, a exportación descendeu a 2.436 toneladas (-25%), acusando especialmente a caída de envíos a Portugal (-37%) e Países Baixos (-79%). Pero aumentaron as vendas a Francia (+13%) e Polonia (+117%).

Portugal e Italia seguiron a ser os mercados preferentes do vacún español no mes de xaneiro
As importacións de carne conxelada tamén retrocederon, situándose en 3.157 toneladas (-12%), con descensos xeralizados dende orixes básicos como Brasil (-17%) e Polonia (-30%). Aínda que con repuntes en Alemania (+63%).
As importacións amosaron un comportamento dispar: as entradas de mamóns experimentaron un forte incremento do 65,34%, mentres que as de pasteiros rexistraron un leve descenso do 2,01%. En canto a prezos, as cotizacións do vacún anotaron una lixeira corrección mensual del 0,17%, reflectindo un contexto de mercado máis axustado.
Pódese consultar o barómetro completo no seguinte DOCUMENTO:
Galego









Control OJD