Baixada de 20 euros dos xatos de recría en Amio e suba de Ternera Gallega

VACA E XATO

Os exemplares de recría de raza frisoa e dos de cruzamento industrial de cor baixaron 20 € a súa cotización na última sesión do Mercado Nacional de Gando de Amio, segundo as estimacións da organización. Por contra, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade subir 0,02 € os prezos de todas as canais de ambas as categorías Suprema e Tenreira.

Respecto da asistencia de gando a esta segunda sesión do mes de xaneiro, ofertáronse 1.621 cabezas, 281 menos que na do pasado día 7. O número de exemplares de vacún menor situouse en 1.432 -é decir, 302 menos que na sesión anterior- mentres que o número de cabezas de vacún mediano foi de 56, 10 máis que a semana previa.

Ademais, acudiron 133 exemplares de vacún grande, o que significa 11 cabezas máis que na sesión anterior. Da sondaxe aleatoria entre as persoas usuarias do Mercado de Gando de Amio dedúcese que tenden á alza os animais de vacún mediano de matadoiro.

Pódense consultar as cotizacións completas neste enlace

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información