
A enquisa realizada pola organización entre as persoas usuarias do Mercado Nacional de Gando de Amio arroxa na sesión do 30 de xullo unha baixada de 10 euros dos prezos en todas as clases e as categorías do vacún para recría. Baixan tamén as canais de vacún maior de matadoiro, cunha cotización 0,10 euros menor que na sesión do 23 de xullo.
Dende a xerencia do Mercado Nacional sinalan que esta baixada afectou sobre todo os becerros frisóns.
En canto a Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, os vogais da Mesa de Prezos decidiron por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e as categorías desta carne.
A asistencia de gando ao mercado desta semana foi dun total de 1.384 reses, 53 más que á do pasado 23 de xullo. Houbo 1.141 cabezas de vacún menor (cinco menos que na sesión anterior); 80 de vacún mediano (10 máis que na sesión anterior) e 145 de vacún grande (30 reses máis que na sesión anterior).
Pódense consultar todos os datos da xornada deste 30 de xullo na seguinte táboa:
Galego









Control OJD