Baixada da recría en Silleda e revalorización dos becerros carniceiros

Os xatos frisóns e os cruzados perden valor por segunda semana consecutiva, mentres os becerros carniceiros e as vacas recuperan terreo e volven situarse nos niveis previos ao paron do Nadal

Vista da poxa de vacas e vacun maior da Central Agropecuaria de Silleda este martes, con notable afluenza de animais e bos prezosA Central Agropecuaria de Galicia de Silleda rexistrou na súa sesión deste martes a súa segunda maior facturación na categoría de vacún maior, con 961.839€ (a súa maior cifra está no 1.030.450€ do 17 de xuño de 2025), e tamén a terceira máis alta na de becerros carniceiros, con 339.693€ (o maior volumen de transaccións desta categoría sitúase nos 518.504€ do 16 de decembro do ano pasado, mentres que o segundo está nos 423.569 do pasado 9 de decembro).

Nesta categoría, a de becerros carniceiros, tamén se acadou esta semana o segundo prezo medio máis alto da Central, con 1.769,23 (o máis alto rexistrouse o pasado 2 de decembro, cando ascendeu a 1.827,32€). Na recría, pola contra, rexistrouse unha baixada nos becerros frisóns e nos cruzamentos industriais, mentres que a rubia galega mantén prezos e mesmo logra unha lixeira revalorización nas cotizacións. 

Silleda 13-1-26 recria

Os becerros carniceiros, sen embargo, recuperaron terreo esta semana, cunha suba de máis de 100 euros nos machos de cruzamento industrial e de 50 nos de raza rubia galega. Os frisóns mantiveron prezos. 

Silleda 13-1-26 becerros carniceiros

No vacún maior, con notable aumento de afluenza de animais a respecto da semana pasada, volveron subir as vacas de cateoría Extra, que volven cotizar de media por enriba dos 2.500 euros, mentres que a categoría Primeira segue movéndose nos 1.200 euros e a Segunda nos 750 euros. 

Silleda 13-1-26 vacun maior

Nas mesas de prezos do resto de especies gandeiras, o porcino retomou a senda baixista, logo da tregua das últimas dúas semanas, cedendo outros 3 céntimos nas categorías de porcino cebado Selecto e Normal, mentres que os bacoriños subiron un euro para pagarse a 40 euros o leitón no caso de lotes de animais da mesma procedencia e a 35 no caso de viren de varias granxas. Na cotización dos ovos e as galiñas de desvelle non houbo cambios. 

Silleda 13-1-26 mesas de prezos

Podes descargar o pdf coas cotizacións completas deste martes neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información