A baixada de prezos do porco cebado marcou a sesión desta semana en Silleda, nunha nova semana sen feira de gando vacún logo de que a Xunta de Galicia decidira prorrogar até final de mes a prohibición de celebración de certames e mercados como medida preventiva para evitar a chegada da dermatose nodular contaxiosa ás explotacións galegas.
Así, nas Mesas de Prezos da Central Agropecuaria de Galicia, os leitóns mantivéronse sen cambios, cotizando neste momento a 53 euros no caso de animais procedentes dunha única granxa e a 48 para os de distintas procedencias.
En canto ao porcino cebado, houbo baixada xeneralizada de 0,05 céntimos o quilo nas categorías selecta e normal, de 0,065 céntimos na de segunda e de 0,03 céntimos no desvelle.
Os ovos mantiveron as cotizacións na sesión deste martes, ao igual que os coellos.

Galego









Control OJD