Baixa o prezo dos becerros de recría en Silleda e sobe o dos leitóns

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 20 de decembro

Baixa o prezo dos becerros de recría en Silleda e sobe o dos leitóns

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola baixada dos prezos dos becerros de recría, tanto de Frisón como nos de Cruce industrial, mentres que no vacún maior a tendencia foi a unha leve suba. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado e a dos ovos, e subir unha semana máis a dos leitóns. A carne de coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid nos 1,70 euros o kilo.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi á baixa, en xeral. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media foi de 85 euros, fronte aos 88 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media baixou ata 111 euros por xato, oito menos que o pasado martes. A excepción foi a categoría dos tenreiros de máis de 51 días, onde os prezos subiron, situándose nunha media de 147 euros fronte aos 135 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana tamén foron á baixa, pero de xeito máis claro. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 275 euros, fronte aos 323 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 356 euros, fronte aos 386 da última poxa. Nas femias tamén houbo baixada de prezos: 261 euros de media, fronte aos 270 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou ata os 436 euros, fronte aos 448 euros de media da pasada semana.

Pola contra, no vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve suba. Deste xeito, quedaron en 1.079 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 407 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.079, 694 e 412 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_20_12_16_vacun

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter prezos en todas as categorías. Así, na XL quedou a ducia nos 1,45 euros, na L en 1,41, en 1,33 na M e en 1,10 euros na S.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos nos 1,70 euros o kilo.

Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo. Na categoría de desvelle mantense o intervalo de prezos entre 0,76 e 0,82 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións baixaron esta semana un 0,06% ata os 1,560 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á baixa ou á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións unha semana máis, desta vez un 2%, quedando nos 47 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 52 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_20_12_16_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información