Baixa afluencia en Amio, na última feira do ano

Baixa afluencia en Amio, na última feira do ano

O mercado de Amio rexistrou esta semana unha baixa afluencia de gando, coa entrada de só 395 reses, 1.876 menos que a pasada semana. Esta baixada tan considerable débese á proximidade das datas do Nadal e era previsible, á vista do grande incremento de asistencia que houbera a pasada semana.

No mercado celebrado este martes houbo 106 cabezas de vacún menor (1.720 menos que a pasada semana), 132 de vacún mediano (115 menos) e 157 de vacún grande (41 menos).

En canto ás mesas de prezos, que marcan cada semana cotizacións de referencia, repetiron os valores da pasada semana, tanto na IXP Ternera Gallega como no gando de recría, becerros medianos para sacrificio e vacún maior.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (22-XII-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información