A afluencia de gando no Mercado de Amio durante a xornada deste mércores foi de tan só 229 reses, debido á esigua concorrencia de gando para recría (11 reses). Houbo 68 animais de vacún mediano e 150 de vacún maior.
En canto aos prezos do gando que concorreu ao recinto feiral baixan 0,05 euros os das canles do vacún maior das clases O e P.
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (29-V-2024)