Baixa afluencia de gando no mercado de Amio e sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

Baixa afluencia de gando no mercado de Amio e sen cambios nos prezos de Ternera  Gallega

Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio mantivéronse igual que na sesión do 17 de xullo.

En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe tan só asistiron 136 reses, 42 de vacún mediano e 93 de vacún maior de abasto; non se rexistrou concorrencia de bovino de recría.

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (24-VII-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información