Axudas á promoción exterior dos viños galegos

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150109/AnuncioG0165-261214-0009_gl.html

Prazo: Ata 09/02/2015

Resumo:

Trátase dunha liña de axudas para para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola galego en mercados de terceiros países.

Beneficiarios:

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de pro­moción en terceiros países empresas distintas figuras xurídicas con domicilio fiscal en Galicia: empresas vinícolas, organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e or­ganizacións interprofesionais, órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográ­ficas protexidas do viño; asociacións de exportadores, cooperativas de segundo e terceiro grao..etc.

A axuda non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables.

Para a convocatoria de 2015 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2015 e o 31 de maio de 2016.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do for­mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) .

O financiamento das axudas procede do Fondo Europeo Agríco­la de Garantía (Feaga) cun orzamento para o ano 2015 de 1, 84 millóns de euros e de 1,75 para o ano 2016. De ser necesario, os fondos poderán incrementarse con carto ao Ministerio de Agricultura.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, rematará o vindeiro 9 de febreiro.

Toda a información sobre estas axudas nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150109/AnuncioG0165-261214-0009_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *