Axudas para tratamentos silvícolas

Publicidade
Axudas para tratamentos silvícolas

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0426-220121-0001_gl.html

Prazo: Ata 26/03/2021

Resumo:

A Consellería do Medio Rural convocou axudas para tratamentos silvícolas en masas de coníferas, tales como desmestas, podas ou rozas. Tamén se apoiarán accións de rexeneración en formacións de frondosas caducifolias (rareos, podas e plantacións puntuais). Destínase para ambas liñas un total de 13 millóns de euros nas anualidades 2021 e 2022.

Para optar ás axudas,a superficie mínima no caso dos propietarios particulares deberá ser dunha hectárea en couto redondo, en tanto comunidades de montes deberán ter un mínimo de 3 hectáreas de superficie, en coutos dun mínimo dunha hectárea.

O prazo de solicitude é dun mes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información