As axudas para reestruturación e reconversión do viñedo benefician a 132 viticultores

As finalidades das subvencións son incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e avanzar na súa sustentabilidadeº

Publicidade
As axudas para reestruturación e reconversión do viñedo benefician a 132 viticultores

En total, 132 persoas viticultoras foron beneficiadas das achegas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia para actuar en 184,7 hectáreas. Unha convocatoria de 2025, con anualidade ata 2027, que contaba cun investimento de 3 millóns de euros, financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). Por provincias, a maior beneficiada foi Ourense, con 81 persoas beneficiadas; séguelle Pontevedra, con 39; Lugo con 9 e A Coruña con 3.

Os principais obxectivos son os de incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable, ao tempo que se promove a remuda xeracional. Tamén se consegue a mellora das técnicas da xestión das viñas e reconversións varietais para optimizar a súa orientación ao mercado, adaptando as producións á demanda, ao mesmo tempo que se preservan as variedades da nosa comunidade. Deste xeito, aprovéitase a elevada calidade diferenciada da uva como vantaxe competitiva nun mercado cada vez máis globalizado.

A través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións das persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres.

Segundo indican dende a Consellería do Medio Rural, este ano convocaranse novamente estas achegas cun orzamento de 4 millóns de euros.

Resolución completa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información