Axudas para a recuperación de terras abandonadas, produción de horta e peche de viñedos

Administración convocante: Deputación de Lugo

Enlace axuda: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_11527_1.pdf#PAGE=1

Prazo: Ata 09/03/2015

Resumo:

Recuperación de terras abandonadas: A Deputación convoca por segundo ano estas axudas, que poden solicitar gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón. Recuperarán as terras baldías con actividades agrícolas ou gandeiras. As plantacións forestais non están subvencionadas. A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir cada beneficiario ata un máximo de 9.000 euros.

Produción de horta: Esta liña ten como obxectivo favorecer a diversificación dos ingresos agrarios potenciando os cultivos de horta. Daranse axudas, dun máximo de 6.000 euros por beneficiario, para a instalación de novos invernadoiros; reparación e mellora dos xa existentes; e dotación de sistemas de rego e outros equipamentos. Para recibir subvención, os invernadoiros deben ter un mínimo de 300 metros cadrados de superficie, ben en propiedade, aluguer, cesión ou doazón. Poden solicitala produtores a título individual, SATs ou persoas xurídicas coa titularidade das explotación.

Viñedos: O obxectivo é aumentar a rendibilidade das viñas con axudas para labores de mantemento e protección das mesmas fronte a estragos de animais silvestres. Deste xeito, subvencionarase a reconstrución e traballos de conservación de muros de pedra; substitución de muros de sostemento de terra por outros de pedra; e peches perimetrais fixos. Igual que nas axudas á horticultura, a superficie mínima é de 300 metros cadrados, en réxime de propiedade, aluguer, cesión e doazón. As viñas obxecto de mellora deben contar cos correspondentes dereitos de produción e estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia. A axuda máxima por beneficiario é de 6.000 euros e poden solicitalas produtores a título individual, SATs ou persoas xurídicas coa titularidade das explotacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información