Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151223/AnuncioG0426-151215-0002_gl.html
Prazo: Ata 24/01/2015
Resumo:
A Consellería do Medio Rural destina 300.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias.
A convocatoria para 2016 destas achegas, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, ten por obxecto mellorar e controlar a calidade e a orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.
As actividades subvencionables serán as actuacións encamiñadas a este fin; así como a realización de estudos, investigacións e desenvolvemento de programas. Por outra banda, tamén poderán recibir apoio os gastos derivados da adquisición de bens de equipo e materiais, de consultaría externa e os orixinados pola realización de análises de laboratorio relacionados coa certificación do produto. O prazo de solicitudes para esta convocatoria é dun mes a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Os interesados en solicitar estas axudas poden consultar os requisitos e a documentación que deben presentar no Diario Oficial de Galicia de hoxe. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.