Axudas para a prevención e defensa contra os lumes en montes veciñais

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150120/AnuncioG0165-020115-0008_gl.html

Prazo: Ata 21/02/2015

Resumo:

Convocatoria de axudas da Consellaría do Medio Rural e do Mar para o 2015 en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais de man común. O orzamento é de 8 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que a superficie forestal mínima por expediente sexa de 100 hectáreas. No caso de que dita superficie estea situada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, a superficie mínima será de 50 hectáreas.

Liñas de subvención

Esta orde de axudas engloba dúas liñas de subvención. Por unha parte, financia o control selectivo do combustible en áreas cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural e a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais, rozas previas e podas en masas de coníferas e tratamentos selvícolas en masas de frondosas. O orzamento destinado a esta liña é de 7,5 millóns de euros.

A segunda liña de subvención financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. O orzamento previsto ascende a 500.000 euros.

Para máis información preme nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150120/AnuncioG0165-020115-0008_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *